Maio Longo-Astarot

Maio Longo

歌手:Astarot

时间:2008-07-04

    使用手机浏览器「扫一扫」

    在手机上保存,获得更好体验

标签
歌词

Maio Longo - Astarot

Cando antre as naves tristes e frías de alto mural

Cal elas fría cal elas triste

Ó ser da tarde vou a rezar

Que pensamentos locos e estraños

Á miña mente veñen e van

Xordo silencio que eu xa coñezo

Que é meu amigo de anos atrás

Pero que é cheo de outras lembranzas

Pero onde o esprito parece que escoita un eco mortal

Raiña nos ámbitos da gran basílica

Con misteriosa serenidade

Incertas sombras raios tembrosos cabo do altar

Pousan vaguean foxen I agrándanse de adiante p'atrás

De prata e ouro contempra inmóbil

Con ollos fixos canto alí está

Quen fora pedra quen fora santo

Dos que alí hai

Maio longo maio longo

Todo cuberto de rosas

Para algúns telas de morte

Para outros telas de vodas

Para algúns telas de morte

Para outros telas de vodas

Maio longo maio longo

Fuches curto para min

Veu contigo a miña dicha

Volveu contigo a fuxir

Veu contigo a miña dicha

Volveu contigo a fuxir

Como san pedro nas mans as chaves

Co dedo en alto como san xoan

Unhas tras outras xeracións viran pasar

Sin medo á vida que dá tormentos

Sen medo á morte que espanto dá

Logo se acaba da vida a triste

A peregrinaxe

Logo se acaba da vida a triste

A peregrinaxe

Os homes pasan tal como pasa nube de vran

E as pedras quedan e cando eu morra ti catredal

Ti parda mole pesada e triste

Cando eu non sea ti inda serás

I as pedras quedan e cando eu morra ti catredal

I as pedras quedan e cando eu morra

Ti catredal

Maio longo maio longo

Todo cuberto de rosas

Para algúns telas de morte

Para outros telas de vodas

Para algúns telas de morte

Para outros telas de vodas

Maio longo maio longo

Fuches curto para min

Veu contigo a miña dicha

Volveu contigo a fuxir

Veu contigo a miña dicha

Volveu contigo a fuxir

展开显示全部歌词