
在手机上保存,获得更好体验
Durme meniño, que tes soniño
a mamá vai comprarche un paxariño.
E si o paxariño non quere cantar
un anel douro vouche a dar
E se o anel se chega a romper,
un espelliño vouche traer.
E se o espello non brilla ben,
un cabritiño terás tamén.
E se o cabrito non quere saltar,
un can pequeno heiche de dar.
E se o canciño non quere ladrar
seguirei arrolándote sen parar.