Nunca imaxinei chegar a ti
Verte alí cando espertei
Quizáis siga soñando e non o sei
Quizáis sexa algo máis e non o ves
Perdo o contacto coa realidade
Quedo embruxada de tanto mirarte
Pena que a lúa non xire arredor do sol
Estaría anos ao teu carón
Teño medo a dicirche algo
Quero contarche todo o que penso
Pero teño medo e non o fago
Estoume consumindo a lume lento
Xa non podo máis
Non entendo o que está pasando
Xa non dou pa máis
Non entendo e estoume queimando
(A lume lento)
Quero quedar máis tempo aquí
Seguiría falando moitas noites máis
Dando voltas arredor de ti
Dando voltas e voltas de aquí pralá
Non sei que pensas de mín
Non sei se podo preguntar
Non sei se quero saber
Non sei non sei xa non sei
Xa non podo máis
Non entendo o que está pasando
Xa non dou pa máis
Non entendo e estoume queimando
(A lume lento)